About

Comunicado de cancelación por covid19

A A.D.C. Bombeiros A Coruña, por responsabilidade e precaución ante a alarma sanitaria que estamos a sufrir, toma a dura decisión de anular a proba “Desafío Bomberos” que volverá de novo a mediados de  xuño de 2021.

Estimados corredores:

A situación actual que atravesa o mundo – e España dun xeito especial – como consecuencia da pandemia coronavirus / COVID19 esixe tomar decisións responsables en todos os ámbitos, sempre poñendo a saúde das persoas antes de calquera outro parámetro.

 Esta grave crise sanitaria afecta a todos os deportes e probas. E a organización do “Desafío Bomberos” 2020, que esperabamos celebrar a nosa quinta edición o 20 de xuño de 2020, tamén decidiu cancelar esta cita por responsabilidade e precaución xa que a saúde de cada participante, traballador, servizos sanitarios, voluntarios, Protección Civil, etc é a máxima prioridade neste momento.

 A pesar de que neste momento non hai unha decisión explícita de cancelación por parte das autoridades sanitarias para esa data, pero vendo como o que está a acontecer no país e tomando como referencia outros eventos, incluso de rango internacional como a non celebración deste ano da Eurocopa ou dos Xogos Olímpicos, a organización tomou esta difícil decisión para o ben común.

 Decidimos cancelar e non cambiar a nosa data poñéndoa noutro mes do 2020 por respecto a todos os corredores que planifican o seu calendario; por respecto aos demais organizadores que tiñan probas datadas moito antes do sucedido (cremos que é o noso deber respectar a todas aquelas persoas que levan meses traballando para levar un proxecto adiante); pero sobre todo, por respecto por todas as vítimas e en xeral para toda a poboación que loita día tras día. Por iso, consideramos que anunciar unha nova data para este ano neste momento sería unha falta de respecto por non ter a recomendación ou a seguridade de poder facelo polas autoridades competentes.

 A partir deste momento, todas as inscricións devolveranse automaticamente á conta / tarxeta desde a que se realizou o pago, para que todos recuperen a taxa completa de rexistro sen ter que realizar calquera procedemento ou xestión. Unha vez rematada esta situación extraordinaria, imos prepararnos con máis ilusión que nunca para outra edición do “Desafío Bomberos” 2021, que, á espera de confirmacións oficiais, terá lugar moi probablemente o mesmo fin de semana de xuño de 2021. A.D.C. Bombeiros A Coruña espérate de novo no parque de Bens cunha chea de sorpresas que xa tiñamos preparadas xunto con outras novas que incorporaremos en canto poidamos retomar o traballo normal para que esta 5ª edición do “Desafío Bomberos” sexa unha FESTA e un ÚNICO EVENTO. Mentres tanto, non queremos deixar de compartir contigo unha mensaxe de forza e ánimo, especialmente para aqueles que están a pasar  especialmente mal nestes momentos difíciles, e a nosa convicción de que todo volverá á normalidade en breve. ¡Seguro!

A.D.C. Bombeiros A Coruña

Chega a 5º edición do “Desafío Bomberos”

Volve a diversión, a aventura, o deporte, o risco. ¿Estás preparad@ para correr, trepar, arrastrarte, nadar e un montón de cousas mais? Pois todo isto espérate no “Desafío Bomberos” de este ano e todo acompañado de auga, barro, sudor…

Que non cho conten, VÍVEO!!!

20-06-20

Data

8KM

Distancia

+35

Obstáculos

About Us

Unha carreira para todos!!!

Unha vez mais volve o “Desafío Bomberos”, unha carreira de obstáculos de 8 km con mais de 35 obstáculos no seu recorrido que se desenvolven no parque de Bens, un lugar idóneo para este tipo de probas pois ofrece zonas rápidas e outras mais técnicas, que xunto con as súas rampas e desnivéis convierten a carreira en case que nun “trail” de obstáculos, podendo os participantes ademais disfrutar de unha das mellores vistas da cidade ao longo de todo o percorrido. 

A proba é para todos os públicos, xa sexas Élite ou Popular poderás disfrutar do Desafío, tanto a nivel individual como por equipos. Tamén os nenos poderán participar nun recorrido adaptado as súas idades.

Todos os corredores recibirán:

– Obsequio da carrera orixinal.
– Medalla de “Finisher”
– Avituallamento líquido en carreira
– Avituallamento sólido e Liquido en meta
– Agasallos e trofeos para los tres primeiros  clasificados de cada categoría (Élite, Popular e Equipos).
-Ropeiro e duchas.
-Seguro de responsabilidade civil e de accidentes.
– E agua, e barro e lume…...

Non esperes mais, INSCRÍBETE!!!

Day(s)

:

Hour(s)

:

Minute(s)

:

Second(s)

Day(s)

:

Hour(s)

:

Minute(s)

:

Second(s)

Resources

Documentación Carrera

Regramento

Regramento da carreira.

Descarga eiquí

Autorización menores

Documento necesario para a participación de menores.

Descarga eiquí

Autorización recollida dorsal

Documento necesario para a recollida do dorsal de outra persoa diferente ao titular.

Descarga eiquí

Contacto.

Calquera dÚBIda, pregunta ou suXerencia que teñas podes enviála a través de este formulario.  responderémoste á maior brevidade posible.

11 + 14 =

Galería

Sponsors

Organiza

Sponsors

Colaboran